A Miña aldea.
Preto d’os Castros de Trelle
n’unha frorida ribeira
onde moitas clás de frutos
e d’álbores vexetan.
Erguense as humildes chouzas
de San Pedro de Moreiras;
probe aldeiña onde teño
as miñas grorias d’a terra
o nido dos meus amores
Alí miña nai amante
arrullóume satisfeita.
"O son queixumbroso e brando
d’as cantiguiñas gallegas;
alí no seu Camposanto
onde debaixo d’as erbas
dormen ó sono d’a norte
as miñas amadas prendas.
¡Ay probe aldea, aldeiña
de San Pedro de Moreiras,
canto sospiros me costas
e cantos ayes me levas.
Valentín Lamas Carvajal, poeta, falleció el 4 de septiembre de 1906.
Interesante....
ResponderEliminar